As escritoras Charo Lopes, Lucía Aldao e Nuria Vila participan este xoves 25 nunha lectura colectiva de poemas en Boiro

22 Novembro 2021


O Concello de Boiro, a través da Concellería de Feminismo e Igualdade, organiza unha serie de actividades para conmemorar o 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O acto central terá lugar o xoves 25 ás 13.30 horas diante do Concello de Boiro, e vai consistir nunha lectura de poemas.

O Concello de Boiro convoca unha lectura colectiva dos poemas escollidos por Charo Lopes, Lucía Aldao e Nuria Vil a través das voces de representantes da Asociación Ambar a prol das presoas con diversidades funcionais e cognitivas, das mulleres do Centro de Día de Boiro e o alumnado de centos educativos de Boiro. O acto realizarase o xoves 25 de novembro de 2021 ás 13.30 horas diante da Casa Consistorial de Boiro.

Amais, co obxectivo de “mostrar unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e dos asasinatos machistas”, o Concello colaborará coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE) para implicar ao tecido empresarial na difusión das campañas de sensibilización social contra esta lacra. Con este obxectivo Boiro adheriuse ás campañas De Fronte contra a violencia de xénero, impulsada pola Deputación, e En Negro contra as violencias, unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas.
Dende a área de Feminismo e Igualdade trabállase durante todo o ano en actividades e accións que teñen como obxectivo loitar contra a violencia machista. Este mes realízanse unha serie de charlas englobadas dentro do ciclo Muller e saúde, uns faladoiros gratuítos sobre saúde vinculada á cuestión de xénero. O venres 26 de novembro abordarase a temática sobre habilidades de manexo de estrés, impartida por Patricia Porrúa Monteroso, psicóloga sanitaria, a partir das 16.30 horas no Centro Social de Boiro.
Durante estes días pode visitarse tamén no Centro Social de Boiro a mostra permanente Mulleres Senlleiras e, no me de febreiro, expoñerase Nós somos elas unha mostra da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.