O Rotogal Boiro Voleibol aplícase con contundencia ante o Léleman Valencia

20 Novembro 2021


A competitividade do Rotogal Boiro Voleibol levoulle a cultivar unha clara vitoria contra o Léleman Valencia (3-0). Os locais dominaron de principio a fin ante un rival que só lles ameazou grazas ao seu poderoso saque. Os da Cachada sufriron nos dous primeiros sets, pero desataron a festa no terceiro, no que foron moi superiores aos visitantes.
Ao Rotogal Boiro Voleibol custoulle entrar no partido. O Léleman Valencia tomou a iniciativa no marcador ata a metade do primeiro set, momento no que os locais elevaron a competitividade e, a pesar de que cometeron algúns erros, lograron inclinar o parcial ao seu favor (25-23). O conxunto de Marcelo Chino Benavídez mostrou oficio no peche da manga.
No segundo set, o Rotogal Boiro Voleibol empezou moi forte (7-3). Con todo, o bo facer de Amorim e Funes no saque mantiveron o pulso do Léleman Valencia. Os locais responderon con firmeza no saque e con contundencia en ataque para colocar outro ladrillo no camiño cara ao triunfo (25-22).
O Rotogal Boiro Voleibol meteu a directa no terceiro set, no que desarmou por completo a un rival que non se atopou cómodo sobre a pista (25-17). Os de Benavídez dominaron todas as facetas do xogo e devolveron con vistosidade o apoio recibido dos afeccionados da Cachada.

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Cristóbal Álvarez, Ismael
Martínez, Alberto Tubio (líbero) e Pablo Nieto.
Léleman Valencia, 0: Potemsky, Vicente Monfort, Armando Danger, Ribas, Vitor Amorim, Funes
e Izquierdo (líbero). Tamén xogaron Jarque, Nagiev, De Juan, Huerta e Javier Mengod (líbero).
Sets: 1-0 (25-23), 2-0 (25-22) y 3-0 (25-17).
Árbitros: Eduard Torrent e Xavier Fernández.
Incidencias: Partido disputado en A Cachada ante uns 400 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...