Soledad Agra foi elixida como nova Responsable Comarcal do BNG Muros – Noia

20 Novembro 2021

Logo da Asemblea Nacional na que Ana Pontón foi elixida de novo como Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, a formación continúa coa renovación dos seus órganos de dirección a nivel comarcal e local.
Na Asemblea que tivo lugar este venres 19 de novembro a militancia nacionalista tomou por unanimidade a decisión de nomear a Soledad Agra Tuñas como a nova Responsable do BNG na comarca de Muros e Noia. Pola súa parte, a sonense Patricia Torrado Queiruga acadou a vice-responsabilidade da comarca.

O Consello Comarcal do BNG completouse con outras 10 persoas das distintas localidades que conforman a comarca (Porto do Son, Lousame, Noia, Outes, Muros e Mazaricos), así como con 8 suplencias. O proceso de renovación continuará coa elección das responsabilidades locais, que pasarán a completar o órgano executivo do BNG Muros – Noia.
Agra remarcou “a importancia de dar unha resposta conxunta ás problemáticas comúns dos seis concellos, levando a cabo políticas que solucionen os problemas do día a día da xente, e facendo presión para que se poñan en marcha proxectos que fagan medrar á nosa comarca”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.