“Afundir a frota”. Antón Luaces

20 Novembro 2021

A viciña Francia imita a España coa colaboración indispensable da Unión Europea: despeza a súa frota pesqueira e destina a este feito arredor de medio cento de millóns de euros.
Con toda probabilidade e á espreita dun posible acordo co Reino Unido para que os seus barcos de pesca poidan acceder ás augas británicas, Francia opta polo que polítícamente  pode entenderse como unha medida axeitada. Que non é outra que desfacerse dos barcos teóricamente sobrantes (por mor da carencia de caladoiros nos que poder faenar no caso de que non se entender co goberno británico) para, polo menos, non seguir producindo perdas a un sector que non tería outra saída.

Despezar a frota nunca é prato de gusto. Sabémolo moi ben en España, onde en 35 anos o número de embarcacións de pesca de toda caste reducíronse case á metade. Aquí sempre se entendeu tal medida como a decisión menos axeitada á realidade e todos barallamos o custo real dese despezamento metendo no mesmo saco as perdas que sumaban os armadores, a constante redución de TAC e cotas servidas pola Comisión Europrea e o Consello de Ministros comunitario e as posibilidades que se brindaban para os barcos que quedaban de se poderen servir dun stock que, aínda reducíndose, daría para unha frota máis pequena.

A España saíulle mal a conta: reducíuse a frota e a UE recudíu aínda máis as cotas de pesca adxudicadas ao Estado español. A Francia, seguramente vai compensarlle e moito tal redución. Sobre todo porque a dependencia da pesca non é tan importante como a do pobo español, un dos maiores consumidores de pesca do Mundo.

A maior abundamento, a repercusión nos pobos do litoral español polo despezamento non contou para os que deseñaron tal plan. Achatarrar os barcos tampouco foi unha solución, agás para algúns armadores que xogaron ao mesmo tempo a  baza da exportación que é menos prexudicial. Aquí os cartos contan e de que maneira. 

Os postos de traballo perdidos tampouco se valoran. E seguimos a falar da inexistenza de relevo xeracional. Como e de que?. Por que tan distintas lecturas, tan dispares, nas aplicacións?.

 A perda dunha vintena de barcos na frota francesa debera significar moito máis -pola súa menor frota- que o achatarramento doutros tantos -que foron moitos maís-  na frota española. Pero en Francia semella non causar protestas e en España aínda hoxe se fala do prexuizo causado no sector pesqueiro polas constantes reducións de TAC e cotas coa que se tenta xustificar sempre ese constante ir a menos dunha das maís importantes frotas pesqueiras europeas.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.