Andaina Pro Saúde Mental instalará en Rianxo e Pontecesures unha mesa informativa para a prevención do suicidio

19 Novembro 2021

Andaina Pro Saúde Mental está a organizar mesas informativas itinerantes para a prevención de suicidio, mesas que contan con financiamento da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e que tamén terán presenza nos nosos concellos, concretamente en Rianxo e, moi preto do Barbanza, en Pontecesures. Forman parte do programa integral de Andaina PSM para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio nas comarcas rurais de Ordes e Ulla-Sar.

O obxectivo é contribuír a mostrar a dita problemática, ofrecendo á sociedade información e ferramentas para a súa abordaxe. Máis polo miúdo, explican, “trátase de contrarrestar o tabú asociado ao suicidio ofrecendo datos sobre a súa incidencia e desmontando os mitos e prexuízos ao redor do mesmo”. Asemade, proporciónase información sobre os sinais de alarma e transmítense ás persoas afectadas e achegados/as as recomendacións oficiais para posibilitar un acompañamento emocional axeitado.

As mesas emprázanse en servizos sociais e centros de saúde de diferentes concellos das devanditas comarcas. Andaina PSM xa tivo presenza con estas mesas no Centro de Información á Muller, no Centro de Saúde e na Unidade de Saúde Mental do Concello de Ordes, así como no Centro de Saúde do Concello de Oroso e nos Servizos Sociais do Concello de Rois.

No mes de decembro, poderemos atopalas no Centro de Saúde de Cerceda o día 1, en Servizos Sociais de Pontecesures o día 2, e en Servizos Socias e Centro de Saúde de Rianxo o día 15, sempre en horario de mañá. A entidade ten previstas máis accións desta índole, incluídas charlas informativas dirixidas á poboación xeral, das que se fará difusión a través de redes sociais, entidades colaboradoras e anuncios na contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.