Inauguradas en Boiro dúas mostras sobre Castelao e Xela Arias

12 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, inaugurou na mañá deste 12 de novembro dúas mostras sobre Castelao e a poeta Xela Arias que se poden visitar durante todo o mes de novembro e decembro. O alcalde, José Ramón Romero, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foron os encargados de presentar os detalles das súas mostras habilitadas: a mostra Castelao e os irmáns da liberdade na Casa da Cultura e Xela Arias, Asinamos ser libres no Centro Social de Boiro.

A primeira proposta é un traballo de Xan Leira que realiza un percorrido pola traxectoria vital, artística e poética do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través de testemuñas que coincidiron con el nas súas diversas etapas. “Castelao estivo moi vinculado a Martínez López, quen lle da nome a este edificio, polo que para Boiro é unha honra ter esta mostra na Casa da Cultura xa que nos permite, non so achegarnos á historia de Castelao, senón tamén á nosa propia historia”, afirmou o alcalde.

No Centro Social de Boiro inaugurouse a mostra Xela Arias. Asinamos ser libres. Trátase dunha exposición divulgativa sobre a vida e a obra da poeta de Sarria, á que se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas, sendo a quinta muller homenaxeada nos 50 anos de celebración. A mostra, documentada cos textos de Chus Nogueira e as fotografías de Xulio Gil, toma o nome dunha autopoética da autora publicada en Faro de Vigo e leva o ano rotando polos concellos galegos.

As dúas mostras poden visitarse durante o mes de novembro.

Á inauguración da mostra sobre Castelao asistiu o alumando de cuarto da ESO do IES A Cachada, pero todos aqueles centros educativos ou grupos interesados en realizar visitas ás mostras, poden poñerse en contacto co departamento de Educación do Concello de Boiro a través do enderezo educacion@boiro.gal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.