O Concello de Boiro celebra o magosto con música, produtos ecolóxicos, artesanía e castañas

11 Novembro 2021

Cultura do Concello de Boiro presentou esta semana a programación do Outono Cultural, que inclúe entre outras cousas actividades e propostas para festexar o magosto. A concelleira María Outeiral debullou a axenda acompañada de Patricia Giao e Jaime Bello, persoal do departamento de cultura. Segundo fixeron saber este sábado 13, na feira Eco-lóxica de Saberes e Sabores, haberá postos de alimentación de produtos de proximidade e artesanía e sesión vermú con polbeira amenizada polo grupo Os pequenos do Barbansa. O vindeiro sábado 20 de novembro, a partir das 17.00 horas na Praza da Terceira Idade, serán con Xilbarbeira e castañada.

Os centros sociais do municipio acollen tamén exposicións, que se van inaugurar este venres 12. Na Casa da Cultura de Boiro estará exposta a mostra Castelao e os irmáns da liberdade e, no Centro Social de Boiro unha mostra sobre Xela Arias.

Durante o mes de novembro continúa a programación teatral da Casa da Cultura, con representacións todos os venres, e tamén se vai levar a cabo a mostra de teatro escolar.

Día Mundial da Diabetes

Amais, fixeron saber que cada 14 de novembro conmemorase o Día Mundial da Diabetes, para celebralo o Concello de Boiro, xunto coa Asociación Anedia, vai facer un acto de acendido simbólico da iluminación azul da Casa Consistorial de Boiro e vaise realizar a proxección dun vídeo realizado pola asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.