Manuel Ruiz propón á Consellería de Infraestruturas prolongar o carril bici de Santa Uxía até Palmeira

10 Novembro 2021

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz mantivo na tarde deste 8 de novembro unha xuntanza de traballo coa coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez. Entre os temas abordados, o rexedor propuxo á conselleira a posibilidade de crear un carril bici que partindo do remate do que existe na praia Coroso dende a cidade de Santa Uxía, teña prolongación até Palmeira.

Esta continuidade tomaría como base o trazado da estrada autonómica AC-305, concluíndo a altura de onde principia o proxecto de humanización desta vía deseñado pola Fundación RIA. Ruiz Rivas comprometeuse a enviar un anteproxecto da actuación para o seu exame.

Por outra parte, o alcalde confirmou á conselleira que este mesmo mes farase entrega a Augas de Galicia do proxecto de saneamento do novo polígono industrial, cuxo orzamento estimado ascende a 1,2 millóns de euros.

Respecto da preocupación do alcalde por posíbeis carencias no abastecemento de auga ao municipio, Ruiz foi informado das obras de ampliación e mellora que se van acometer na ETAP que dá servizo ao río Ulla (cun anteproxecto actualmente en exposición pública que se eleva aos 7,35 millóns de euros), así como de que están no seu tramo final os trámites administrativos para a nova concesión no río Sieira. Ademais, tocante a este último caudal o alcalde solicitou que se estude a viabilidade de contar dunha ETAP en Ribeira a partir do 2023 ou en anos vindeiros.

Por último, o alcalde tamén foi informado sobre o estado actual do proxecto da variante, do cal vén de ser aprobada a súa declaración de impacto ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.