A falta de puntería condenou ao Noia contra o Silva (0-1)

09 Novembro 2021

O Noia continúa coa mala racha e, desta vez, a mala fortuna tamén. Os de Iván Carril non mostraron súa mellor cara na casa fronte ao Silva, un rival que tampouco fixo méritos para levarse os tres puntos do Julio Mato. O máis xusto sería un empate, pero un penalti inocente de Jacobo supuxo que Marcos Gómez puxese o 0-1 co que os coruñeses asaltaban Noia.
O partido comezou como se esperaba, cos locais mandando co balón e co Silva esperando no seu campo para lanzar rápidos contragolpes pola banda dereita. Na primeira metade un par de achegamentos dos noieses e un remate de Nando ao traveseiro, foron as ocasións máis importantes.
Na segunda metade, un penalti de infantil feito por Jacobo desequilibrou a balanza. Marcos Gómez enganou a Fedello desde os 11 metros. A partir dese momento o Noia, mais por empuxe que por xogo, comezou a inquedar as inmediacións da portería visitante, pero sen éxito. Iván carril moveu ficha, pero a defensa do Silva e seu porteiro Ríos foron un muro infranqueable para un Noia que continúa coa mala racha.
Con este resultado o Noia sitúase na undécima posición con 11 puntos, dous porriba do descenso. Os noieses viaxarán na próxima xornada ao campo do Estradense.

Outros artigos

A Mostra de Curtas de Noia acolleu a estrea de El crimen de Pazos

O Coliseo Noela de Noia, no marco da edición 2026 (a XXVII) da Mostra de Curtas, acolleu este sábado 7 de novembro (ás 20.30 horas) a estrea de El crimen de Pazos, a nova miniserie de Bambú Producciones, que chegará á plataforma de contidos streaming Netflix esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.