O Cidade de Ribeira recibe ao líder

06 Novembro 2021

Os equipos barbanzás da Primeira Autonómica xogarán ao completo esta fin de semana nunha nova xornada. Cidade de Ribeira, Unión, Taragoña e Volantes buscarán conseguir os tres puntos nos seus respectivos encontros.
Por un lado, os de Santa Uxía reciben na Fieitiera ao Cruces, actual líder en solitario con 9 puntos. Os de Manuel Ángel veñen de sufrir unha dura derrota contra o Praíña (4-0). Tan só un triunfo na primeira xornada contra o Taragoña e un empate contra o Cordeiro fanlles sumar 4 puntos na clasificación xeral. O encontro disputarase o domingo ás 17 horas. O técnico ribeirense non poderá contar con Lojo por sanción, sen embargo recupera a Pedro para a zona de ataque.
O CD Unión, pola súa parte, busca manter a boa dinámica de xogo e resultados. Logo dun complicado inicio de liga fronte aos rivais máis fortes da categoría, os de Asados sitúanse en terceira posición con 7 puntos, dous triunfos e un empate. Diante terán ao Esclavitude, un rival aguerrido e defensivo, que suma 2 puntos en 4 partidos. A priori os de Luisito son favoritos, pero o fútbol é moi cambiante. O encontro disputarase no Campo do Doce o domingo a partir das 17:15 horas.
O Taragoña recibirá na casa ao Val do Ulla, coa obrigación de sumar os tres puntos contra un rival directo. Os rianxeiros só suman 1 puntos en catro partidos, o conseguido contra o Cordeiro na xornada dúas. En fronte terán ao Val do Ulla, que suma 4 puntos en catro xornadas e veñen de empatar na casa contra o Esclavitude. Parece que esta xornada será a primeira vitoria da tempada para o Taragoña. O encontro disputarase o domingo a partir das
17:00 horas.
No grupo da Costa, o Volantes volta á competición logo dunha semana de descanso. Farao contra o Corme na casa. Os de Muros suman dúas derrotas en dúas xornadas, polo que necesitan comezar a puntuar para entrar nunha mellor dinámica. O Corme pola súa parte suma un punto, o acadado na primeira xornada contra o Soneira. O encontro disputarase mañá sábado a partir das 16:30 no Eleuterio Balayo.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.