Iniciada na Pobra a rehabilitación do parque infantil da Lombiña

05 Novembro 2021

O Concello da Pobra informou do inicio das obras de rehabilitación do parque infantil da Lombiña, as cales se enmarcan nos investimentos financeiramente sustentábeis do POS+2021 da Deputación da Coruña.

Ata o lugar desprazáronse este 5 de novembro o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), co obxecto de comprobar a evolución das tarefas que estarán rematadas antes de que finalice ­2021. Segundo manifestaron, trátase dunha intervención “moi demandada” pola veciñanza debido ás condicións que presentaba o parque.

Os labores, explicaron, consisten na execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas (varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado). Ademais, disporase dun peche perimetral de madeira.

A superficie é de 287 metros cadrados e cóntase coa autorización do Servizo de Urbanismo ao situarse no dominio público marítimo-terrestre.

A actuación foi adxudicada á empresa Ouri Entretenimientos S.L. por un importe total de 46 878’46 euros, IVE incluído, dos cales 32 000 euros proveñen do ente provincial e 14 ­878’46 euros da Administración local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.