O Noia esbara en Arnoia (3-2)

02 Novembro 2021


O Noia non logrou traer ningún punto na súa visita ao colista. Os de Iván Carril, acostumados
ao bo trato de balón e posesións, encontraron no campo da Queixeira, o seu maior rival. Un
terreo de xogo pequeno e embarrado que sumado ao bo traballo dos locais, provocou que o
Noia se viñera coas mans vacías de Ourense. A pesares dos intentos dos noieses por
completar remontada, o triunfo quedaría na casa por 3-2.
Comezou o partido sen un dominador claro, iso si cun Arnoia mellor plantado. Chegando ao
ecuador da primeira parte, Rucho culminou unha contra despoisa de coller desordeado ao
cadro de Carril.
Os ourensás seguiron buscando o segundo tanto, con balóns en largo e na seguinte
oportunidade, logo de varios rexeitamentos, Lamelas poñía o 2-0 que deixou tocado aos
noieses. A pesares disto, antes do descanso, no 42, Brais a balón parado recurtou distancias
cun cabezado que supuxo o 2-1 co que se chegou ao tempo de lecer.
Tralo paso por vestiarios, o partido seguiu a mesma tónica. O Arnoia voltou a aproveitar un
cun gran golpe de Jar para poñer o 3-1 na Queixeira. Parecía que o Noia baixaría os brazos,
pero non foi así. No 69, Jesús Sayés puxo o 3-2 co que devolvía a esperanza aos barbanzás.
Nos últimos minutos o partido embroncouse e púxose feo. Algunha tangana, que provocu
que o encontro carecera de ritmo e o Noia viu como se lle escapan tres importantes puntos
fronte ao Colista.
Con este resultado, o Noia mantense na parte media da táboa con 10 puntos, a 7 do ascenso
e a 4 do descenso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.