O Golfo de Guinea, escenario de novos ataques piratas

30 Outubro 2021

Antón Luaces.- Malia a notable diminución rexistrada desde principios de ano, o Golfo de Guinea converteuse o 25 deste mes de outubro en escenario de actos de piratería que tiveron como obxectivo dous buques. Estes novos ataques de piratería veñen de xerar unha máis que evidente preocupaciòn entre as frotas pesqueira e comercial españolas.
Os piratas secuestraron ao menos 10 membros da dotación dun petroleiro fronte ás costas de Cotonou (Benin). É o segundo incidente grave que se produce nesta zona en menos dunha semana, tras o secuestro e posterior liberación de tripulantes do portacontedores Maersk Tema o pasado 14 de febreiro.

Este portacontedores , o MSC Lucia, de 189 metros de eslora e unha capacidade de 1.893 TEU, foi asaltado de mencida  en alta mar fronte ácosta de Nixeria, cando o buque saía do porto de Lomé con destino a Duala. A tripulación deu a alarma antes de se refuxiar na sala de máquinas. O destrutor ruso  Vice-Admiral Kulakov estaba nas proximidades e mandou inmeditamente un helicóptero, cuxa vista foi dabondo para facer fuxir aos atacantes antes de que poideran prexudicar á tripulación.

A dotación do Montet Tide non tiveron a mesma sorte xa que, cando se atopaban a 50 millas da illa de Bioko (Guinea Ecuatorial), o buque de subministro de alta mar de 87 metros de eslora, pertencente á sociedade estadounidense Tidewater foi atacado a primeira hora da tarde por unha lancha rápida. Os asaltantes leváronse a tres dos mariñeiros, emprendendo unha rápida fuxida.

A principios deste mes de outubro, o Reino Unido anunciou a chegada a esta zona africana do buque patrulleiro de alta mar HMS Trent, cun continxente da Royal Marines.

O Golfo de Guinea. cotián escenario de actos de piratería, rebaixara notablemente este tipo de actuacións ilegais e perigosas, rexistrando tan só 26 asaltos entre xaneiro e setembro, fronte aos 46 do mesmo período0 de 2020. Este dobre ataque producíseu candoa fragata danesa Esbern Snare zarpo o 24 de outubro do porto de Fraderikshavn àra unha misión de cinco meses na rexión con 75 militares a bordo.

MSC Lucia

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.