O Noia FS enfrontarase ao Pozo Murcia na Copa do Rei

28 Outubro 2021

.
P.P. Cumpriu cos pronósticos o Noia Portus Apostoli FS, que estará na seguinte fase da Copa de SM O Rey. A súa viaxe entre semana a Bilbao para enfrontar ao CD Otxartabe, da Segunda División B, na segunda rolda copeira pechouse cunha goleada (1-7) que permite aos de Marlon Velasco continuar o camiño no torneo.
Non quería complicacións o conxunto noiés, que, como habitualmente fai Velasco, pronto tirou de porteiro-xogador para non ter que lamentar ningún contratempo en ambiente rival, ademais no contexto dun longo desprazamento entre semana e con baixas no cadro de persoal. O 0-1 chegou nesas, con Bruno Gomes definindo á esquina da portería de Endika no 4’ de xogo.
Seguiu controlando o choque o Portus Apostoli coa superioridade numérica e as incorporacións de Domingo, contando con algunha ocasión clara para aumentar renda e co meta natural da Región de Murcia gardando a chave dun marco ao que o Otxartabe apenas asomou. Rozando o tempo de descanso, un disparo seco de Pirata puxo o 0-2 co que ambos os equipos verían vestidores, aínda que antes Domingo tería que sacar a mellor dos locais cunha espectacular man.
Sen tempo a que os bilbaínos puidesen pensar na remontada, Altamirano avisou con dúas ocasións claras, e Bruno Gomes non perdoou para facer o 0-3 levando á gaiola un balón solto no 22’. A pista seguía inclinada ao lado de Otxartabe, que se atopou co 1-3 de Cristian Blanco, aproveitando un das poucas concesións noiesas. Non afectou isto a un Portus Apostoli que se mantivo firme e no 31’ fixo o cuarto, o dobrete de Pirata.
O tanto de Bruno Gomes, que supuxo o seu hat- trick, no 35’ fixo baixar definitivamente os brazos aos locais, que aínda que tentaron sacar o porteiro-xogador, víronse afogados pola presión noiesa.
Power, tras un excelente pase de Nil, e Joaki, vestido de porteiro-xogador, pecharon a vitoria e o pase do Noia Portus Apostoli FS á terceira fase copeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.