O Concello de Boiro mellorará a mobilidade da avenida de Barraña cunha glorieta, un carril bici e nova beirarrúas e servizos

28 Outubro 2021

O Concello de Boiro anunciou este 27 de outubro que vai executar obras na avenida de Barraña para mellorar a mobilidade no centro urbano. En concreto, renovaranse as beirarrúas e servizos da dita vía, unha actuación dun orzamento de 132.772,37 euros que se vai executar con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS+ 2021) da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar no que se van executar os traballos.

En concreto, o proxecto ten como finalidade “mellorar as condicións de seguridade viaria, favorecer a mobilidade alternativa cun tramo de carril bici e renovar os servizos de recollida de pluviais e iluminación viaria”. O proxecto contempla a execución dunha glorieta na intersección da avenida da Constitución coa avenida de Barraña para mellorar as manobras de xiro destas dúas vías principais.

Romero e Ruiz lembraron que a área de mobilidade está a realizar estes días un estudo de proba sobre a distribución dos carrís de acceso á nova glorieta que está proxectada dende da Constitución, onde se vai eliminar un dos carrís para habilitar arredor dunha vintena de prazas de estacionamento e mellorar a fluidez do tráfico na intersección e realizar unha simulación da futura glorieta antes do inicio de execución das obras.

O proxecto da actuación, que sairá a licitación para a súa execución nos vindeiros días, contempla unha renovación integral da avenida de Barraña no tramo comprendido entre a nova glorieta e a rúa Vimieiro, que, segundo explicaron, “na actualidade presenta numerosas deficiencias funcionais nas beirarrúas, na rede de recollida de pluviais e na rede soterrada de alumeado público, con fallos no alumeado periódicos”.

Para a mellora integral da zona vanse executar novas beirarrúas con pavimento de terrazo pulido e vaise xerar un espazo específico para a mobilidade alternativa mediante a creación dunha primeira fase dun carril bici. Amais, executaranse tres pasos de peóns elevados accesíbeis, co obxectivo de optimizar a mobilidade dos peóns e realizar un control de velocidade no tramo da rúa.

Como dixemos, o proxecto contempla a renovación da totalidade do alumeado, reforzándoa nos cruces, e a colocación de mobiliario específico e árbores para a humanización da avenida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...