O Hospital do Barbanza estrea novo equipo radiocirúrxico

27 Outubro 2021

Este 27 de outubro presentouse novo material radiocirúrxico no Hospital do Barbanza. No acto participaron o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, entre outros representantes autonómicos e municipais. Segundo fixeron saber, o novo equipamento incorporado ao complexo sanitario da nosa comarca tivo un custe superior aos 90.000 € e permitirá renovar os elementos existentes no bloque cirúrxico para “o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc”.

Amais, engadiron que o aparello adquirido dispón de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas. “Este novo equipamento achega á sanidade pública galega as últimas ferramentas de diagnóstico e tratamento coas doses máis baixas, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos cunha maior seguridade para os pacientes”, explicaron.

O representante do Goberno autonómico tamén informou que o noso hospital contará en breve cun novo ecógrafo para o servizo de radiodiagnóstico que ten un custe aproximado de máis de 116.000 euros. “O obxectivo deste novo equipo será dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación, xa que a necesidade de realización de estudos ecográficos óptimos e de precisión nas distintas patoloxías ten un papel importante no seu prognóstico e seguimento”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.