A Mancomunidade Barbanza Arousa inicia unha consulta para consensuar os horarios do transporte público

26 Outubro 2021

As enquisas poderanse cubrir online na páxina web barbanzarousa.gal ou en papel nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira

Dende hoxe e durante 15 días habilítase unha enquisa que estará presente de xeito telemático na páxina web de barbanzarousa.gal e tamén de forma física nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira para coñecer as necesidades da veciñanza en canto ao transporte público.

Nesta enquisa os veciños especificarán os destinos das súas viaxes no transporte público e as horas ás que precisan chegar a estes destinos. Con esta información tratarase de aportar solucións ás problemáticas existentes en relación aos horarios e levar a cabo o servizo de forma consensuada entre todas as partes implicadas.

Nesta enquisa consúltase as localidades de saída e de chegada aos destinos, os horarios aos que se precisa realizar esta chegada e as motivacións.

Prégase á veciñanza que o cubra para que poidamos coñecer as necesidades dos horarios e entre todos poidamos tratar de mellorar o transporte público.

Enlace á enquisa: https://barbanzarousa.gal/inicio/gl/

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...