Unha xuíza retira a custodia do seu fillo a unha muller co argumento de que vive en Muros “na Galicia profunda”

24 Outubro 2021


Unha xuíza de Marbella retirou a custodia do seu fillo dun ano a unha muller por vivir en “a Galicia profunda”, onde considera que non hai “múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que creza nun ambiente feliz”.

A titular do xulgado de primeira instancia número 7 dá a custodia ao pai, que vive en Marbella, e prevé que os proxenitores a compartan só no caso de que a nai se traslade a esta localidade da costa de Málaga.

O caso publícao La Voz de Galicia, que asegura que o escrito define Marbella como unha “cidade cosmopolita”, con infraestruturas, “un bo hospital” e “todo tipo de colexios para poder educar a un neno, públicos ou privados”. Engade que ofrece posibilidades para o correcto desenvolvemento do menor, “o que non sucede coa pequenísima poboación na Galicia profunda á que se trasladou a nai”.

Este lugar, que está na zona da ría de Muros e Noia, atópase, segundo a xuíza, “lonxe de todo” e alí non hai “opcións laborais”.

A muller mudouse fóra de Galicia fai catro anos por traballo e coñeceu a un home, co que tivo un fillo. Hai dous anos el foise a Marbella tamén por motivos laborais. Foi alí onde naceu o bebé. O pasado verán, a parella puxo fin á súa relación e ela regresou a Galicia. Ambos pediron a custodia compartida.

A avogada da muller presentou unha queixa formal ante a comisión disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial polo “absoluto desprezo” co que considera que actuou a xuíza. Tamén vai presentar, segundo o xornal, un escrito para pedir a nulidade do auto de medidas previas por entender que non é imparcial e que na vista non se tiveron en conta boa parte das probas que achegou a nai. A defensa cre que puido haber unha vulneración dos dereitos constitucionais de tutela xudicial efectiva.

Vila de Muros

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.