As escolas unitarias de Rianxo divulgan este manifesto e convidan a achegarse este xoves e venres para coñecer o seu labor

19 Outubro 2021

O vindeiro 5 de novembro de 2021, ás 16:30 h, na Praza do Concello de Rianxo terá lugar un acto reivindicativo convocado pola Comunidade Educativa do CRA de Rianxo, para manifestar a repulsa polas actuacións da Consellería de Educación ante o que din, os ataques continuados á Escola Rural, en concreto para defender a supervivencia do centro.

O acto comezará ca lectura dun manifesto onde expresarán a indignación pola decisión da Consellería de pechar dúas unidades, suprimir a tres docentes e impedir que os nenos e nenas do rural rianxeiro poidan completar etapa no CRA ata 2o de Educación Primaria como é o desexo das súas familias.

Colocarán nas rúas cartaces feitos polo alumnado do CRA onde recollen a súa experiencia como alumnos e alumnas, manifestando todos os aspectos positivos deste modelo educativo contra o que atenta á Consellería.

A continuación garderán un minuto de silencio pola situación na que se atopan as escolas e por último levarán a cabo unha marcha polas rúas do centro do Concello. Correrán para salvar o cole, para salvar o rural rianxeiro e para transmitirlle á Consellería a intención de loitar polo futuro das nosas escolas.

Piden a todas as familias do centro que acudan a este acto cas súas crianzas, familiares, amigos e amigas, veciños e veciñas…

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.