De Ste Xeito leva Feminíssimas a Muros este sábado 23

23 Outubro 2021

De Ste Xeito Producións, a produtora na que milita a escritora e actriz rianxeira Esther Carrodeguas, compartiu con nós as súas novidades para esta cuarta finde de outubro, que vai ser moi intensa en materia de actividade arredor da obra Feminíssimas. Serán, en concreto, tres citas teatrais nos concellos de Baiona, Muros e Mos: tres citas que “complementarán parte da nosa longa e intensa xira de outono deste ano, chegando á friorenta cantidade de trece actuacións no próximo mes de novembro por toda Galicia”, sinalan dende a produtora.

-Venres 22 de Outubro, ás 21h no Auditorio V Centenario do Concello de Baiona. Aforo limitado e entrada gratuíta.

-Sábado 23 de Outubro, ás 21h no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil do Concello de Muros. Aforo limitado e entrada de balde.

-Domingo 24 de Outubro, ás 19h no Auditorio do Centro Dotacional e Recreativo de Torroso do Concello de Mos. (programa Tornar Ás Táboas) Aforo limitado e entrada de balde.

Sinopse

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”. Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analiza dende a comedia de que maneira as mulleres “estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas”, sinalan dende a produtora.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.