“Tarde, sí; mais non imposible”. Antón Luaces

18 Outubro 2021

O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegui, espertou esta fin de semana vellos sentimentos nunca esquecidos, sí gardados nos recunchos da alma, cando manifestaba o “pesar e dor  polo sofremento padecido polas vítimas de ETA”. 

Entre estas figuran unha corentena de galegos dos que aquí se garda intensa memoria porque intensa foi -e aínda é-  a dor provocada no seo das familias das vítimas, estas simples traballadoras que, en Euskadi, non facían outra cousa  que gañar un salario que, en moitos casos, non  acadaban na súa terra, Galicia. 

Euskadi foi e é unha segunda “terra de seu” -cando non a primeira- para milleiros de galegos que deixaron aló a súa impronta en moi diversos traballos pero, de xeito máis que evidente, no sector marítimo-pesqueiro. como ben se pode comprobar na comarca do Barbanza, particularmente no concello de Ribeira e, máis nomeadamente na pequena vila de Corrubedo, nai de centos de patróns e capitáns de pesca que, con mando en barcos arrantxales, baleeiros (cando era posible cazar baleas), gransoleiros, atuneiros  e bacalloeiros deixaron moi alto o pavillón galego no eido da pesca.

Ese pesar de Otegui pode e debe ser entendido, sempre e cando sexa sincero. Un pesar que se expresa tardíamente, certo, pero que se produce  nunhas circuntancias que a todos obriga a repasar a historia xusto dez anos despois do que todos entendemos como a fin de ETA. Dez anos nos que pasear pola fermosa Gernika ou as estreitas rúas mariñeiras da vila de Bermeo que se reflicte no mar Cantábrico ao igual cas de Lekeitio,  Getxo, Ondárroa, Santurtzi, Plentzia, Mutriku, Getaria, Bergara ou as de cidades incomparables coma Bilbao ou Donostia-San Sebastián xa non comporta angurias de concentracións nas que se esixía a liberación dos presos de ETA que pagaban -e pagan- penas nos cárceres estatais.
Galicia pagou, sí, un alto prezo por unha tan manifesta presenza dos seus fillos en centros de traballo bascos. Ningún dos aló asasinados poden ser esquecidos, como tampouco  se pode esquecer que moitas xeracións de fillos e netos de galegos, nacidos en Euskadi, malia levar apelidos galegos -moitas veces misturados con bascos- estes van precedidos de nomes propios daquela terra coa que se identifican absolutamente porque é a súa, coma o son as de Francia, Inglaterra, Bélxica, Alemaña ás que outras xeracións de galegos tamén emigraron para poderen traballar.

Nomes propios de Galicia en mozos de pouco máis de 20 anos, figuran tamén entre as vítimas de ETA: José Humberto Fouz, de 29 anos; Jorge Juan García Carneiro, de 23, e Fernando Quiroga, de 25, asasinados por ETA (aínda que esta organización nunca recoñeceu oficialmente tal feito) en San Juan de Luz,  após coñecer canto de novo tiña a película “O derradeiro tango en París”, que se exhibía en Biarritz. a onde eles se desprazaran desde Irún, onde residían. Tres mozos que un 23 de marzo de 1973 tentaron saber dunha historia nunca vista en España.Nunca se soubo deles. Ninguén dixo nunca onde estaban -están?- os seus restos. E a propia historia de ETA está marcada indeleblemente pola pertenza a ela de galegos ben significados como “Gadafi”, alcume de Juan Carlos Iglesias Chouzas. pertencente a unha coñecida familia ribeirense, e que fora condenado a 44 anos de cadea.
 

Pesar por tanto e por tantos. Oxalá sexamos quen de asumir que, dun ou doutro xeito, a dor da qwue falamos está espallada por Euskadi e Galicia aínda que non a partes iguais. Fagamos porque ambas as dúas terras falen sempre coa verdade propia dunha realidade que ninguén poida manipular nunca máís.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.