Os nacionalistas instan á sociedade a expresar a súa repulsa pola violencia machista

17 Setembro 2019

20190917. O BNG insta á sociedade galega a saír á rúa para manifestar a súa repulsa ao triplo feminicidio de Valga secundando as mobilizacións convocadas para este mércores.

O responsable comarcal, Luís Pérez Barral, lanzou un chamamento “a favor dunha mobilización masiva para manifestar de xeito colectivo e como sociedade a repulsa e o rexeitamento a todas as formas de violencias machistas, sexan dentro do ámbito da parella ou fora del.”

Igualmente, a formación nacionalista denunciou que “urxe amosar o noso rexeitamento ás forzas políticas que practican ese discurso, -en referencia a ultra dereita de VOX-, pero tamén á aquelas outras forzas que lles abren as portas das institucións a través de pactos de goberno, a quen nega que as mulleres asasínanas constantemente, día a día, como traxicamente volvemos constatar onte en Valga, só polo feito de seren mulleres.”

O Bloque cualifica tamén de “ilóxico” o feito de que haxa circunstancias nas que a vítima non sexa considerada un caso de violencia machista como sucede, por exemplo, no crime rexistrado en Valga. Neste senso, salienta que “a Lei Galega contra a violencia de xénero de 2007, impulsada polo Bloque desde o Goberno da Xunta, vai máis aló da normativa estatal e establece que as vítimas deste triplo asasinato son todas atribuíbles á violencia de xénero.”

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...