O Rotogal Boiro Voleibol medirase ao Unicaja Almería con todos os seus efectivos

15 Outubro 2021

Logo da vitoria ante o San Sadurniño na fortaleza da Cachada por 3-0, o Rotogal Boiro Voleibol afronta este sábado ás 19.30 horas, no Pavillón Moisés Ruiz, a que o club considera “unha das saídas máis complicadas da tempada”. Os de MarceloChino Benavídez visitan ao Unicaja Almería, aspirante a destronar ao Guaguas e que a semana pasada impúxose na difícil cancha do Melilla por 2-3.

O Rotogal Boiro Voleibol contará, en principio, con todos os seus efectivos para medirse co Unicaja

Almería. E, tamén, cunha semana máis de rodaxe, algo que, segundo expresou durante a semana o propio adestrador Benavídez, outorga un salto de calidade ao equipo da Cachada.

O Unicaja Almería foi un dos grandes animadores do mercado o pasado verán. Reforzou o persoal con Pavel Kukartsev, oposto que foi designado MVP da tempada 2020-2021 na Superliga. Ademais, apontoou o equipo co central Jorge Fernández ou co experimentado colocador serbio Igor Jovanovic. Mesturados con internacionais como Juan Manuel González ou Miguel Ángel Fornés, os andaluces aspiran a todo no curso 2021-2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.