A Mostra de Teatro de Ribeira xa vendeu a práctica totalidade das súas entradas

07 Outubro 2021

A Mostra de Teatro de Ribeira está a ser novamente un éxito de público na súa edición 2021. De feito Concello de Ribeira vén de informar de que xa case se vendeu a totalidade das entradas para o festival escénico. En concreto, nestes días chegáronse a dispensar más de máis de 160 bonos, quedando só unha trintena dispoñíbeis.

O Concello engade que os bonos que resten a partir do vindeiro luns poderán adquirise como unha entrada individual para a función correspondente a esa semana, neste caso a peza Mocos de Contraproducións.

Presentación do cartaz da mostra, celebrada hai uns días ante os medios de comunicación

O luns 4 de outubro, primeiro día da venda, dispensáronse máis de 120 bonos de 25 euros. Estes bonos permiten o acceso ás nove funcións. As entradas para unha única obra teñen un prezo de 4 euros e comezan a venderse ó principio de semana de cada estrea.

O concello de Ribeira, manterá o aforo do Auditorio Municipal ó 75% durante toda a mostra por precaución sanitaria.

Últimos días de Noir Blanc

Dende Cultura do Concello de Ribeira tamén fan saber que a exposición do noiés Xosé Luis Veiras Manteiga, Noir Blanc, quedará clausurada o sábado 9 de outubro. Pódese visitar no Centro Cultural Lustres Rivas de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 durante a semana e o sábado de 11.00 a 14.00.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...