A peza teatral O mel non caduca chega a Porto do Son

06 Outubro 2021

O Concello de Porto do Son e a Deputación da Coruña traen á Casa da Cultura da vila sonense, o 16 de outubro ás 20.00 horas, o espectáculo teatral O mel non caduca, a cargo da agrupación Ibuprofeno. Trátase, en palabras da dita compañía, “dun espectáculo biodegradábel e ecosustentábel xerado a partir dun proceso de creación colectiva”. As entradas xa están á venda na Casa da Cultura de Porto do Son.

O mel non caduca é unha comedia teatral para público adulto no que se fai unha lectura crítica e humorística da nosa relación cos obxectos que, polas presións da industria e os seus interese, acaban morrendo antes de tempo (iso que se vén chamando obsolescencia programa e que deixa en moi mal lugar aos electrodomésticos actuais con respecto aos que tivemos a sorte de usar en décadas pasadas). O mel non caduca, que tamén é unha ollada sobre os hábitos que nos levan dereitiños á destrución do planeta, está dirixida por Santiago Cortegoso e conta no seu elenco con Maríán Bañobre e Avelino González.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...