“O BNG, contra as cotas de pesca para o cerco” Anton Luaces

27 Setembro 2021

Cadrando coa publicación neste xornal dun artigo sobre a discriminación que padece a frota pesqueira do cerco de Galicia, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) ven de dar un paso avante para tentar corrixir esa e outras situacións que marxinan, sen dúbida, aos cerqueiros galegos.

A portavoz de Pesca desa formación polìtica nacionalista, Rosana Pérez, xunto á deputada do Parlamento galego, Carmela González, e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA). 

Nesta xuntanza abordaron, entre outros asuntos, a diminución das cotas de sardiña e xurelo, a supresión das exencións no combustible para o sector pesqueiro e as consecuencias da implantación da eólica mariña.Rosana Pérez remarcou a postura do BNG para “declarar non apta a costa galega para a instalación de parques eólicos mariños” dadas as singularidades da frota galega. Lembrou, neste sentido, que o PP e o PSOE abriron “a porta á eólica mariña” malia que o propio Parlamento europeo xa se pronunciou sobre as consecuencias negativas que ese tipo de instalación de aeroxeradores no mar “ten para a pesca”.

Insistiu tamén Rosana Pérez, en que unha das grandes preocupacións do sector “que vive básicamente de especies como a sardiña e o xurelo” e que se ve na obriga de asumir unha cota menor malia o número de embarcaciós, a potencia da súa actividade pesqueira e a ameaza de baixas cotas do xurelo para este ano na Zona 8C.O BNG presentará novas iniciativas no Parlamento galego diante das diferentes problemáticas  transmitidas polos representantes de ACERGA.Ana Miranda criticou o sistema de cotas que, dixo, “non resulta equitativo para a frota galega” e, específicamente, para o cerco. Dixo que dende o BNG van dirixirse á Comisión Europea e á Dirección Xeral de Pesca para lles trasladar as demandas dos responsables de ACERGA.

Explicou Miranda que “o Parlamento Europeo ten a obriga de velar polo reparto equitativo de cotas entre os Estados membros, pero tamén dentro dos propios Estados” e denunciou “o trato de favor no Estado español para unhas frotas en detrimentos doutras”.

Miranda reiterou que o BNG en Europa vai continuar reclamando “un sistema equitativo de cotas para que Galicia non continúe a ser a grande prexudicada neste reparto”.

O feito de que os nacionalistas galegos entren neste vieiro debera conducir, tanto en Europa como en Madrid, a unha seria reflexión sobre o motivo polo que tanto se lle nega a Galicia o papel que, en materia pesqueira, lle corresponde como verdadeira potencia que é neste eido tanto no marco estatal como no comunitario.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.