O Portus Apostoli consegue o pleno en Móstoles (3-8)

27 Setembro 2021

PP.- Non hai dous sen tres para o Noia Portus Apostoli FS que soubo encarrilar rápido e pechar o encontro en Móstoles, certificando a súa terceira vitoria consecutiva por 3-8 e que os deixa líderes en solitario na clasificación da Segunda División Nacional.

Comezaba moi ben e moi metido no partido no cadro de Marlon Velasco, e aos seis minutos xa marchaban cun marcador favorable de 0-3. Bruno Gomes, Pirata e Joaki foron os autores dos goles noieses. Xusto cando mellor estaba o Ciudad de Móstoles, Joaki converteu o cuarto, e os madrileños recurtaron antes do descanso por mediación de Kiki que poñía o 1-4 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na segunda metade, logo da expulsión de jorge Lázaro, Chus poñía o 1-5, e logo de que os mostoñelos sacaran porteiro-xogador, chegarían o sexto e o sétimo dos noieses, ambos obra de Javi Rangel. Co 1-7 no marcador, o Portus Apostoli baixou o ritmo e o Ciudad de Móstoles maquillou o resultado con dous tantos, xa a piques de chegar ao final, Chus, de novo, poñería o definitivo 3-8.

Con este triunfo, o Noia Portus Apostoli suma nove puntos de nove posibles nas tres primeiras xornadas da Segunda División Nacional e sitúase como líder solitario. A próxima cita será no Agustín Mourís fronte ao Bisontes Castellón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.