En Ribeira animado contacontos musical para dar por clausurado o Festival raíces en San Roque

25 Setembro 2021

O contacontos musical “A vida dunha Castaña” que se celebrou este mediodía no parque periurbano de San Roque puxo fin ao festival Raíces no medio dun animado ambiente no que o público asistente non dubidou en sumarse ao espectáculo ofrecido por Vane Bolboretiña e Sabela Olivares xunto con Suso Bello.
A actividade tivo lugar no merendeiro do parque no marco do programa de acción dirixidos a recuperar e poñer en valor este gran espazo natural pegado á cidade de Santa Uxía.
O Festival Raíces estivo formado tamén pola proposta “Elas” que a mediados de agosto evocou o tempo das lavandeiras no río Pedrín e polo exitoso Primeiro Encontro Multicultural celebrado a pasada fin de semana.
Asistiu a actividade o concelleiro de Xuventude e Deportes, Javier Sampedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.