Os músicos Secho e Berlai actuarán no Festivalo 21, en Manselle (Dodro) o día 25 de setembro

15 Setembro 2021

Este 25 de setembro o concello de Dodro vai dar a acollida a unha das grandes citas culturais da nosa comarca para despedir o verán: o Festivalo, que se celebra este 2021 baixo un epígrafe que fala por si só dos seus obxectivos: Resistencia e Alegría! O programa inclúe as actuacións musicais de Secho e Berlai, con cadansúas bandas. Será en Manselle o día 25 de setembro a partir das 22.00 horas. O festival conta co apoio da Deputación da Coruña e máis do Concello de Dodro.

Secho é un artista local que comezou a súa andaina co disco Xa fai un tempo (2016), publicado coa banda imaxinaria Os Invisibles. Estes meses está presentado Recuperar, que está a ter moi boa aceptación nas plataformas en liña (tal e como se desprende das reproducións obtidas en Youtube polo tema As sensacións)

Polo que respecta a Berlai, é o proxecto musical do artista compostelán Xiao Berlai, que nos vén de dar a coñecer un máis que interesante traballo discográfico xerado e madurado durante o confinamento pola COVID, Cas Berlai, chegado logo do éxito de pública e crítica do seu primeiro traballo, Desconhecido.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.