A música primará na programación cultural para O Nazareno

14 Setembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal programa unha serie de actividades culturais para a festividade do Nazareno, que se desenvolverá do 17 ao 20 de setembro.
Transcorrerán en diferentes espazos segundo a tipoloxía das actuacións.
Primará así a música seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19 para garanti-la seguridade e saúde públicas.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), manifestou que se pretende así “darlle unha oportunidade á cultura de seguir programando” e expresou o seu agradecemento á produtora Silencio Roto pola súa colaboración na configuración da programación, así como a Protección Civil pola axuda que prestará en tódolos actos do Nazareno, tanto nos relixiosos coma nos culturais.
Doutra banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), indicou que, no que respecta á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, “levamos un período de certa tranquilidade e cunha porcentaxe de poboación vacinada moito maior que un mes e pico atrás”, polo que se poñen en marcha “unhas pequenas actuacións que veñen a lembrarnos que estamos en festas e non son o que é habitual no Nazareno, pero si que van dar lugar a unha alternativa de ocio para a xente.” Tamén sinalou que haberá atraccións de feira no recheo, nas cales se seguirá o protocolo fronte ao coronavirus.
O programa arrancará no venres 17, ás 21.00 horas, no Cantón da Leña coa actuación de The Tetas’ Van. No sábado 18 será a quenda de Latexo Percusión que levará o ritmo a numerosos emprazamentos da vila na sesión vermú, mentres que Moito! collerá o testemuño a partir das 21.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán, lugar onde continuarán as
sesións musicais no domingo 19 a cargo de Human, ás 19.30 horas, e Tonhito de Poi, ás 21.00 horas.

Finalmente, no luns 20, festivo local, haberá ruada infantil da man de Troula Animación, ás 18.00 horas, e o toque musical virá da man de tres grupos: Mallou (praza Maura, ás 19.00 horas), Blow (praza Victoriano García Martí, ás 19.30 horas) e Otra Onda (Xardíns de Valle-Inclán, ás 20.00 horas). Todos eles contarán con segundo pase.
Ademais, a música tradicional virá marcada por Caraveiros, Trécola e Arrancadeira con alboradas nas xornadas do sábado 18 e domingo 19, que se complementarán coas organizadas pola comisión do Nazareno para chegar así a tódalas parroquias do concello.
As prazas cubriranse por orde de chegada ata cubri-la cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.