“Relacións laborais” – José Manuel Pena

14 Setembro 2021

En momentos de dificultades económicas e falta de emprego volven instalarse determinadas formas de explotación laboral, principalmente de face aos máis novos. Nalgunhas empresas estas prácticas son unha realidade cotiá, que se ten como algo en grao sumo normal e aceptado por costume.

O Estatuto dos Traballadores, os contratos de traballo e os propios convenios colectivos son os encargados de regular as relacións laborais por conta allea e neles establécense todas as condicións laborais. En ocasións os empregadores nin lles teñen a mínima consideración.

Esta é a realidade dalgunhas empresas: xornadas prolongadas, salarios por baixo do estipulado legalmente, carencia de vacacións, falta de medidas de seguridade e prevención, soldos por baixo do SMI, xefes tóxicos (arrogantes e controladores), precariedade laboral, exceso de temporalidade, etc.

No mundo das relacións laborais é bo lembrar, porque sucede con certa frecuencia, que cando a un traballador presenta o recibo da liquidación para asinar, o mellor é que se faga coa apostila de “non conforme” para que logo exista a posibilidade de poder reclamar, se fose necesario.

Tamén é bo lembrar, aos mozos traballadores que se senten explotados, que poden acudir, de maneira anónima, á propia Inspección de Traballo para denunciar eses abusos laborais.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.