As escolas deportivas da Pobra inician curso en outubro

10 Setembro 2021

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), configura a programación das escolas deportivas para a tempada 2021-2022, a cal consta de actividades destinadas a toda a
poboación que sexa maior de 3 anos de idade. Deste xeito, botarán a andar no 3 de outubro, divididas en dous cuadrimestres. O primeiro comprende dende 3 de outubro do presente ano ata 29 de xaneiro de 2022, mentres que o segundo será dende 1 de febreiro de 2022 a 31 de maio do mesmo exercicio.
O programa atópase diferenciado en varios apartados. Por unha banda, as escolas deportivas do Concello a través da educación física base- predeporte e fútbol sala mixto (Chupete, Sub-8, Sub-10 e Sub-12); e pola outra, as escolas deportivas a cargo de entidades locais mediante artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa e tiro con arco.
Cómpre sinalar que, no dependente da área municipal dos Deportes, pola participación de irmás e irmáns aplicarase un desconto do 50% á segunda persoa e será de balde para a terceira. Ademais, os horarios poderanse alterar en función das persoas inscritas nas actividades.
No que respecta ás persoas adultas, ofértase ximnasia de mantemento, pilates, camiñadas + stretching e camiñadas para maiores.
Tódalas disciplinas van impartirse seguindo o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.
As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse a partir do 15 de setembro nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...