En Ribeira e A Pobra dous detidos, un por intento de roubo e outro por agresión

05 Setembro 2021

Avenida Rosalia de Castro Ribeira

A Policía Local de Ribeira informa da detención esta mañá a primeira hora, con mandamento de prisión, de A.J.S., tras ser capturado in fraganti mentres trataba de roubar nun establecemento de téxtil situado na rúa Cristóbal Colón de Ribeira.

Os feitos tiveron lugar ás 8 de madrugada, cando axentes da policía ribeirense comproban que a porta principal do establecemento está “reventada” e que alí se atopa a persoa antedita, facéndose acopio de obxectos substraídos no interior do local. O individuo resistiuse activamente, vociferando e ameazando aos axentes, polo que foi
trasladado ao centro de saúde. O individuo golpeou a un dos axentes intervenientes. Os obxectos substraídos foron incautados e o reo custodiado na Comisaría da Policía Local.

Dáse a circunstancia de que unha hora se recibira nas dependencias locais unha chamada dun operario de Urbaser referindo que este mesmo individuo tentara entrar nun vehículo desta concesionaria do servizo de limpeza cando se atopaba na rúa Lugo e que, ao non ser capaz, lanzou unha tapa de alcantarilla contra a escaparate dunha tenda de deportes.

Persoados os axentes no sitio en cuestión puideron comprobar a presenza dunha tapa diante da cristaleira, sen
que se observasen danos na mesma.

A continuación, e sempre segundo as declaracións do traballador de Urbaser, A.J.S. estivo golpeando a porta do supermercado que fai esquina entre Rúa Lugo e Rosalía de Castro, cortándose cando tentou acceder ao interior.

Na Pobra a Policía Local e da Garda Civil procederon á detención dun veciño do municipio de 20 anos de idade acusado de tres delitos despois de agredir e ameazar ao seu pai e aos axentes que participaron no arresto.

Os axentes acudiron ao domicilio e atopáronse ao mozo nun estado moi alterado, polo que solicitaron a colaboración da Garda Civil. Con todo, lonxe de acougarse, o detido tentou golpear ao seu proxenitor alcanzando a un dos gardas, polo que tivo que ser reducido á forza, ofrecendo resistencia ao arresto.

No transcurso da intervención resultaron feridos un axente municipal e outro da Garda Civil.

Os axentes interviñéronlle preventivamente unha arma de aire comprimido que levaba encima para a que non tiña licenza. O pobrense está acusado dun delito de atentado a axentes da autoridade, outro de resistencia grave e un terceiro delito de violencia no ámbito doméstico polos que foi posto a disposición xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.