“O ocaso do fútbol rueiro”. Pedro Pérez Villar

31 Agosto 2021

A frase “calquera tempo pasado foi mellor”  podémola escoitar en calquera ámbito da vida estrañando unha época na que nos afacemos a crecer dunha maneira determinada nese tempo, quizais tamén, resignándonos a calquera tipo novidade tecnolóxica ou de vivir na nosa actualidade. O fútbol como calquera ámbito non escapa de comparación, xa sexa de modernos, actualizados ou costumistas. Que o fútbol como calquera deporte está nunha constante evolución é máis que un feito significante. Ás veces a evolución levounos a revisar a involución para rexistrar unha versión actualizada, aínda que en opinión diversa na rúa dígase entón que “en fútbol está todo inventado”.

Pero os últimos tempos cada vez é menos existente por unha banda pola calidade de vida e evolución de barrios e cidades, por outra banda, polas prohibicións permanentes e en moitos casos lóxicas de xogar en sitios perigosos onde antes se se podía. Todo isto unido a que o neno que crece hoxe en día esta felizmente rodeado de bos medios tanto nos seus clubs como en campus de tecnificación onde se potencian todo tipo de características individuais e colectivas, mais non o que se aprende na rúa. Por iso o neno/a ou adolescente de hoxe en día coas súas 4 horas semanais de fútbol ten ou cre ter suficiente e o resto do tempo utilízao para outra clase de lecer como novas tecnoloxías tan de moda, mentres que un tempo atrás sumabámoslle a tal hora específicas de club de fútbol as do recreo no colexio e as da rúa cos teus amigos.

As regras da rúa que nunca esqueceremos, no que en cada barrio xogábase cunha norma diferente, pero había algunha que eran universais, os mellores xogadores eran capitáns e elixían compañeiros, o que traía o balón tiña un peso importante no xogo e moitas máis que seguro que mirando co retrovisor acordarémonos. Un xogo no que abundaba a anarquía, os desaxustes e a desorde e no que constantemente atopabamos duelos individuais, pase e regateo, regateo a un e despois a outro, e ás veces ata un terceiro. O fútbol rueiro estase perdendo, e o fútbol español tamén o comeza a notar coa falta de xogadores “diferentes” na selección. Falta rúa, falta fútbol.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.