Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de educación secundaria para adultos

11 Setembro 2019

20190911. A Concellería de Educación do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de educación secundaria de adultos para o curso 2019-2020. Estas ensinanzas para maiores de 18 anos que non posúan o título da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas figuran, entre outros, os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional ou adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. A aula de educación de adultos do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose ao municipio o profesorado do centro nas avaliacións.

Os cursos son cuadrimestrais, en horario de 20.00 a 22.00 horas, posibilitando a compatibilidade coa xornada laboral. Ademais, ofértanse 60 prazas en catro módulos -1º, 2º, 3º e 4º- con posibilidade de realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, naturais, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e sociais.

As persoas interesadas poden inscribirse presentando unha solicitude xunto co DNI e certificado de estudos realizados no Rexistro Xeral do Concello. O modelo de solicitude pódese descargar da páxina web www.boiro.gal ou recollela ca Casa da Cultura. O prazo remata o 25 de setembro.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.