“Xa non será o mesmo, e Noruega está ao axexo”. Antón Luaces

24 Agosto 2021

Descoñezo neste momento se haberá algún patrón ou capitán, algún profesional de máquinas ou tripulantes de cuberta, algún cociñeiro que, sendo da comarca do Barbanza,  puxera este martes rumbo aos caladoiros tan coñecidos das Svalbard para comezar alí unha costeira do bacallao absolutamente incerta e non carente de perigos como poden ser o apresamento ou a sanción da tripulación e máis do buque. Descoñézoo, si, pero case que estou por asegurar que alguén de Riveira, de Muros, Noia, Porto do Son, A Pobra. Boiro estará neste intres sucando o Cantábrico ou case que chegando ao paso de Calais, sempre rumbo norte, para chegar a un caladoiro que, sendo como é moi coñecido para os vellos mariñeiros galegos e bascos, xa non o é tanto para as novas xeracións de pescadores dos que din non queren ser a remuda de ninguén no mar. 

En Svalbard pìntan bastos: desde a semana pasada faena alí o pesqueiro pasaitarra Egunabar, e hoxe meteu máquina o moi coñecido “Arosa Nueve”, tamén de Pasajes. Os mandos destes dous bacalloeiros -ao igual que o resto de tripulantes e os armadores (Pesquera Laurak Bat e Velaspex, ambas as dúas pasaitarras)- son coñecedores dos riscos polos que van pasar debido a actitude férrea das autoridades norueguesas de explotar unilateralmente -ata onde lles deixe Rusia, naturalmente- estas augas ricas nesa pesqueira á que durante tanto tempo se entregou a frota bacalloeira española, nomeadamente galega e basca, na actualidade reducida a catro buques: os xa citados e o Monte Meixoeiro (que zarpará a vindeira semana) e o Lodairo, este último explotado por unha empresa galega, que non se vai poder incorporar de momento á campaña por avaría..

A decisión de ir novamente a Svalbard e esta vez sen mais resgardo legal que o desexo de pescar esa prezada especie que é o bacallao, conleva a posibilidade de que se cree un grave conflicto diplomático. Noruega non vai de farol: apresará a todos os buques europeos que superen a cota de pesca imposta polos propios noruegueses, que saben perfectamente que serán eles os que contraveñan os tratados internacionais e, de xeito moi especial, o Tratado de París de 1920, base fundamental a posteriori da actual Unión Europea da que Noruega forma parte hoxendía en calidade de país asociado.

Os barcos bascos con cotas de capturas asignadas, faenan na zona económica norueguesa e tamén en Svalbard, a primeira -como queda explícito- de soberanía de Noruega e a segunda, regulada polo citado tratado de París de 1920 asinado por Rumanía e as potencias aliadas: Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, Reino de Italia e Xapón, en vigor a partir do 28 de outubro de 1920 se ben nunca  foi recoñecido nen por Rusia nen por Xapón. Por este tratado Noruega deberá respectar a actividade pesqueira dos países que xa a realizan e, teóricamente, non poderá tomar medidas discriminatorias.

Na área de Svalbard, a frota bacalloeira española pesca en base ás cotas establecidas pola normativa comunitaria, sendo a Comisión a única con capacidade legal para determinar o peche da pesqueira na zona dos barcos autorizados pola Unión Europea. Polo tanto, se Noruega decidira cesar a actividade dos pesqueiros comunitarios -neste caso españois- tería que comunicalo á Comisión Europea e esta tomar a decisión ao respecto. Caso contrario, a paralización arbitraria da campaña dos buques españois, significaría a lesiòn duns dereitos individuais con consecuencias legais para o país nórdico.

Como se lembrará, na fase final das negociaciòns do Brexit en decembro pasado, Noruega tentou despoxar á frota española dos seus dereitos históricos no arquipélago de Svalbard, territorio que a comunidade internacional recoñece como augas internacioais nas que o reino escandinavo ten limitada a soberanía en aplicación do devandito tratado de 1920 e que na práctica se circunscribe á aplicación de normas de conservación dos recursos existentes, interpretaciòn que Noruega non comparte xa que logo esas augas e illas, explicita, son súas. Esas illas teñen importantísimas cantidades de petróleo, gas, uranio e terras “raras”. A actividade estractiva dos 14 barcos que integran a frota bacalloeira europea é a que da vixencia ao tantas veces citado tratado, feito polo que a Noruega lle convén diminuir esta actividade e de aquí o seu interese en presentar a situación como un acto de soberanía.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.