En Boiro a cidadanía poderá iniciarse en setembro no uso das ferramentas informáticas básicas

17 Agosto 2021

A aula CeMIT do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para os cursos de formación do mes de setembro que se van a realizar de xeito presencial na aula CeMIT do Centro Social. A oferta formativa deste espazo local de alfabetización tecnolóxica contempla tres cursos para a iniciación e o manexo de ferramentas dixitais.

O primeiro dos cursos é de Inicio a Informática Nivel Básico, que se vai impartir do 13 ao 17 de setembro entre as 10.00 e as 12.00 horas. Do 20 ao 23 de setembro vaise impartir a formación de Inicio a Internet, tamén en horario de 10.00 a 12.00 horas. Do 27 ao 30 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas, Manexo do correo electrónico.

Máis información e inscricións aos cursos a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 635.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.