A xuventude galega pode solicitar axudas para o pago do permiso de conducir de coche e camión

13 Agosto 2021

A partir deste sábado 14 e ata o 13 de setembro as mozas e mozas de Galicia poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B ou tipo C, isto é, de turismo ou camión, respectivamente. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galicia 2021 e que teñen como obxectivo promover a inserción laboral da mocidade.

O Goberno galego, co obxectivo de mellorar a autonomía, mobilidade e inserción laboral da mocidade, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros, cofinanciados nun 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.

Na pasada convocatoria desta orde, máis de 1.700 mozas e mozas recibiron a axuda, deste mesmo xeito, estímase que este ano a medida acade o mesmo número de persoas ou incluso se supere. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

Os interesados en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.