Rianxo contará con asesoramento en materia de aforro e eficiencia enerxética

09 Setembro 2019

20190909. A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, asesorará durante un ano ao Concello de Rianxo en materia de aforro e eficiencia enerxética. Así o establece o convenio asinado hoxe na sede da institución provincial entre o presidente, Valentín González Formoso, e o alcalde da localidade, Adolfo Muíños Sánchez. Ao acto asistiu tamén a tenente alcalde María del Carmen Figueira.

Os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

A axencia provincial tamén se compromete a  prestar asesoramento técnico en tódalas actuacións que desenvolva o Concello de Rianxo para mellorar a súa eficiencia enerxética. Neste sentido, realizarase un seguimento e control das facturas por consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos e manterase informado ao cabido sobre as modificacións lexislativas e tarifarias, as convocatorias de axudas públicas, así como os novos materiais, produtos, sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais.

Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

González Formoso manifestou que, a través da prestación destes servizos, un dos obxectivos do actual goberno provincial é “utilizar o coñecemento da FAEPAC para axudar aos concellos a aforrar na súa factura eléctrica”, un gasto que para algúns municipios do ámbito rural supón unha das maiores partida do seu gasto corrente, xunto coa de persoal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.