O venres 6 de novembro toca falar de literatura en Rianxo, e de literatura rianxeira. De feito, a escritora local Susana Fernández Comojo presentará o libro La Navidad de Sara, no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal de Rianxo.
Contarase coa participación da autora e tamén de Xosé Ricardo Losada (profesor e escritor de Rianxo) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). A vertente musical virá da man do grupo rianxeiro Barahunda. A cita dará comezo ás 19.30 horas.
Publicada a través da editorial Diversidad Literaria, La Navidad de Sara narra a emotiva historia dunha moza indixente que lle salva a vida a unha muller anciá e adiñeirada. A raíz deste suceso prodúcese un xiro radical na súa vida, reflectindo unha trama cargada de bondade, solidariedade e casualidades.




