Como informamos en “obarbanza.gal” axentes da unidade de USECI da Garda Civil con sede na Coruña, detiveron este venres a un home de 32 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras unha denuncia por unha suposta agresión á súa parella sentimental.
A detención produciuse á primeira hora da tarde nun domicilio na rúa Labarta de Noia a onde se desprazáron efectivos do Instituto Armado tras recibir unha denuncia por un suposto episodio de violencia de xénero.
Fontes da benemérita explicaron que o home, que se atopaba só no piso, negouse a atender os requirimentos dos axentes e “atrincheirouse” no seu domicilio, polo que foi necesario mobilizar efectivos de reforzo.
Finalmente, o sospeitoso, que ten denuncias previas por agresión e ameazas, “recapacitou” e accedeu a entregarse.




