O PP de G de Ribeira denuncia que o voceiro do PBBI realizou tests antíxenos sen estar autorizado

28 Xullo 2021

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira denuncia que este fin de semana Vicente Mariño de Bricio, voceiro do PBBI, realizou indebidamente dende a súa farmacia tests de antíxenos sen que estivese autorizado nin para facer estes tests nin para expedir os certificados.
Os feitos foron denunciados por María Sampedro nunha comparecencia na que explicou que logo de recibir múltiples chamadas de veciños preguntando pola presunta validez destes certificados, o seu grupo púxose en contacto co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña e co Sergas, constatándose a improcedencia dos mesmos.
Tanto é así que o propio Colexio Oficial emitiu o pasado venres 23 unha circular na que se indicaba expresamente a necesidade de agardar á firma do protocolo do Sergas cos catro Colexios Farmacéuticos de Galicia antes de poder realizar os tests de antíxenos e emitir os certificados.
“No que nos parece unha flagrante falta á deontoloxía profesional -dixo Sampedro-, o señor de Bricio dedicouse a expender na véspera do día da Dorna e no día da Dorna decenas de “certificados fake” poñendo en risco de recibir importantes sancións aos seus portadores e aos establecementos hostaleiros e locais de ocio nocturno onde foron utilizados”.
A edil popular precisou que incluso mañá xoves (cando se abre a porta a posibilidade de expedir certificados por parte das farmacias) os certificados de Vicente Mariño carecerían de validez ao incumprir varios dos requisitos establecidos no protocolo, como os límites de idade ou a necesidade da firma do consentimento para o tratamento de datos.
Por todo isto, o Partido Popular de Ribeira pide explicacións ao señor De Bricio por uns feitos que considera moito máis graves que os que levaron a que antiga concelleira Ana Ruiz presentase a súa dimisión por ter confiado no seu fillo menor de idade que asistiu cun grupo de amigos a unha festa de aniversario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.