“Usureiros e inhumanos” – José Manuel Pena

26 Xullo 2021

Que interese podería ter un responsable dunha entidade financeira para que unha familia humilde quede sen a súa vivenda habitual? Seica non sabe que a súa obriga debe ser a de asesorarlles sobre as medidas legais que teñen ao seu alcance para reforzar aos debedores hipotecarios, a reestruturación de débeda e o aluguer social para colectivos especialmente vulnerables? Pois non, para algúns destes paladins do mal chamado liberalismo económico, a familia ten que pagar relixiosamente a súa cota mensual da hipoteca e se non pode, pedir o diñeiro prestado a algún veciño, amigo ou familiar. Por desgraza, estes casos son demasiado habituais e xa está ben de tantos parasitos usureiros e inhumanos.

Estes responsables dalgunhas entidades bancarias (non de todas, por sorte), deberían ser conscientes de que se cobran o seu salario, puntualmente, a fin de mes foi necesario destinar uns 4,5 millóns de euros para rescatar aos bancos durante a crise que azoutou Europa no 2.010, a pesar de ser os banqueiros e especuladores os responsables de prexudicar, e algúns o seguen facendo, a nosa economía e benestar.

Hai que dicirlles, a eses “cachorros faldeiros” por pretender ser a “voz dos seus amos”, que o custo humano do noso sacrificio para rescatar á banca foi altísimo. Os orzamentos para a sanidade pública, a educación e as prestacións sociais: recortados. Todo iso deu como consecuencia un forte incremento da pobreza e a desigualdade social en toda Europa en xeral e no noso país en especial.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.