Rianxo acolle esta fin de semana a Feira do Libro 2021

22 Xullo 2021

Rianxo acolle ata o domingo a Feira do LA Feira do Libro Rianxo 2021: Libros no Camiño terá lugar esta semana dende o xoves 22 ata o domingo 25 de xullo. A actividade desenvolverase no Campo de Arriba de Rianxo, e as librerías participantes estarán abertas de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 22:30. A fin de semana e festivos pechan pola mañá ás 14:30.

O municipio de Rianxo acolle así catro días de homenaxe ao libro, durante os cales levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa feira. Deste xeito, o xoves 22 terá lugar o acto de inauguración da man de Montse Fajardo ás 13 horas, para despois levar a cabo a sinatura de diferentes obras da man de Montse Fajardo (A vida incerta)Arantza Portabales (A vida secreta de Úrsula Bas) e José Carou Rey (Hemisferio auga).

Os seguintes días tamén se realizarán actos de sinaturas das obras de diferentes autores. O venres, Fon asina GazafellosDenis Maza La mística de un grano de arenaPatricia Torrado Don Carlos e o misterio dos Lucecús, e Lois Oreiro Os mundos de agora. O sábado Maite Mosconi asinará Gaedheal; Libro I de las invasiones Sangre e ceniza: Relatos de GaedhealXosé A. Perozo O libro das avoas, Miguel Ángel Otero Para llegar a ti e Helena Villar Janeiro Alba e a Fuga de Guillermo.

Para cerrar a semana da Feira do Libro 2021, acudirán á actividade Juan Galán, Rena Ortega, Rober H.L. Cagiao e Ramón Torrado, a asinar A Romanza de los naranjos en flor, Bo camiño, peregrino! , Cuadernos Azabache e Torino, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....