Trenor e Oujo visitan as novas instalacións de skate de Porto do Son

22 Xullo 2021

Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña, estivo este xoves 22 de xullo en Porto do Son para comprobar as novas instalacións locais para a práctica do skate, cuxas obras foron co-financiadas polo Concello e a Xunta (Secretaría Xeral para o Deporte). Trátase dunha zona deportiva renovada de 480 metros cadrados, emprazada no paseo de Brañón, que contou contou cun orzamento total de case 50.000 euros. Na súa visita Trenor estivo acompañado polo alcalde Luis Oujo. As instalacións, cuxo principal material construtivo é o formigón, inclúen dúas plataformas para práctica do dito deporte urbano.

Esta nova instalación para a práctica de deportes urbanos foi co-financiada polo Concello con 20.900 euros e pola Secretaria Xeral para o Deporte que aportou 25.000 euros.

Trenor destacou a importancia crecente que “están a ter os novos deportes urbanos” e salientou a tradición de Porto do Son que conta cunha escola de skate e cada ano celebra o Rompetiño que este ano celébrase no mes de setembro.

O novo parque permitirá conta con diferentes elementos que permiten realizar tanto skate como parkour. A intención, engadiu Trenor, é que esta nova instalación siga medrando e incorporando novos elementos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.