En Ribeira, estimado o recurso de FACSA contra o acordo plenario que lle negaba a adxudicación dos servizos da EDAR

20 Xullo 2021

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia vén de resolver de xeito favorábel o recurso interposto pola Sociedad de Fomento Agrícola Castellonense S.A. (FACSA), contra o acordo do pleno con data de 31 de maio de 2021 no que se denegaba a adxudicación á devandita empresa da contratación dos servizos de mantemento das EDAR de Couso e de Corrubedo, polos votos en contra do PBBI (7) e do BNG (2), fronte aos votos a favor da adxudicación do PP (8) e a abstención de PSdG-PSOE (2) e SumaRibeira (1).

Segundo explica a resolución: “Se se acude á realidade dos feitos obsérvase que o acordo plenario vota en contra da proposta de adxudicar o contrato ao licitador que obtivo a mellor puntuación, isto é, a oferta economicamente máis ventaxosa, estando sen embargo na obriga de facelo, sen que conste a motivación deste proceder, pois se ben se podería afastar da proposta, motivándoo convenientemente, o que non se contempla legalmente é a negativa inxustificada á adxudicación do contrato”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.