Soben os casos COVID en Boiro nestes últimos días

19 Xullo 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 19 de xullo unha nova sesión da Comisión de Seguimento e Evolución da COVID-19, co fin de coñecer a incidencia da pandemia no municipio e determinar medidas e restricións para frear o número de contaxios. Na sesión compartíronse os datos recentes e actualizados da Consellería de Sanidade, que confirman que o número de novos positivos segue en aumento.

En concreto, o municipio atópase en nivel medio de restricións dende o pasado sábado. Polo tanto, a hostalaría poderá permitir o 50% de aforo nas terrazas e o 30% en interior. O número máximo de persoas será de 6 no ámbito privado ou interiores e 10 no exterior.

Ademais, non se permite o uso e estancia de praias, prazas e parques públicos entre as 00:00 e as 6:00 horas. De feito, a Policía Local intensifica a vixilancia, sobre todo durante a fin de semana, para evitar que se produzan aglomeracións nestes lugares.

Doutra banda, cómpre mencionar que nos últimos días interpuxéronse un total de 14 denuncias por incumprir as restricións: 3 delas por incumprir a capacidade máxima das terrazas; 1 por non cumprir as medidas para o acceso do ocio nocturno; 5 por concentracións de persoas en espazos públicos fora do horario establecido; 4 por beber na vía pública e 1 polo uso indebido de máscara.

Con todo, o departamento de Servizos Sociais continúa coa coordinación das necesidades derivadas das persoas con positivo por parte de Protección Civil, Cáritas ou Cruz Vermella.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.