Muros celebra esta fin de semana a feira de artesanía de Galicia

17 Xullo 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta tarde a feira Artesanía de Galicia en Muros, un evento que se levará a cabo durante toda esta fin de semana na praza de abastos do municipio co obxectivo de impulsar a comercialización de produtos artesáns e divulgar os oficios que engloba o sector.

Conde puxo en valor este tipo de iniciativas que supoñen un “verdadeiro escaparate” do talento da artesanía local e demostran que se trata dunha “actividade de presente pero tamén de moito futuro”. Na actualidade, este sector emprega a 7800 persoas, polo que apostou por seguir apoiando desde as administracións a súa adaptación a novos hábitos de consumo e a novas fórmulas de comercialización que pasan pola internacionalización.
Neste sentido, a Xunta de Galicia destina este ano 5 millóns de euros para a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización do sector.
A feira, organizada pola Fundación Artesanía de Galicia en colaboración co Concello de Muros, acolle a un total de 17 obradoiros profesionais, 15 dos cales exporán e terán á venda os seus produtos –Arobe Cerámica e Arteviares (A Coruña); Laura Triñanes, Variopinto e Io Obradoiro Textil (Santiago de Compostela); Ana Méndez Cerámica (Pazos
de Borbén); Artesanía Silvent (Caldas de Reis); Ceramicaq (Gondomar); Como Cuando (Vigo); Design Orfebres (Ourense); Mar Barral (Catoira); Obradoiro Gorín (Malpica de Bergantiños); Pilar Piñeiro Cerámica (Cangas); Redeiras Artesás (Ponteceso); e Tejeluz (Boiro)–.
Os dous obradoiros restantes serán os encargados de achegar a artesanía ás familias a través de diferentes talleres que impartirán no mesmo horario da feira –de 11:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas–. Así, a artesá Leonor Díaz, de Como pez en el agua (Vigo), ofrecerá unha sesión sobre pintura decorativa sobre madeira; e Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), estará á fronte doutro de iniciación á cestería.
Ademais, todos aqueles que se acheguen á feira poderán visitar a exposición itinerante de fotografías Enredadas, que estará dispoñible no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón de Muros ata mañá domingo, 18 de xullo. Trátase dunha iniciativa resultante do proxecto de boas prácticas homónimo creado pola Xunta de Galicia no 2012 para promover a
diversificación do oficio tradicional das redeiras artesás galegas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.