Os futuros cracks en robótica da nosa comarca recibiron as distincións da FIRST LEGO League Galicia

14 Xullo 2021

Este 14 de xullo levouse a cabo entrega de distincións da sétima edición do campionato tecnolóxico FIRST LEGO League Galicia, no que resultaron premiados (coas súas correspondentes medallas, amais dun trofeo e un diploma por grupo) os equipos Robot City Pobra e Robot City Pobra Junior, ambos da ANPA Bandaseca, e Mega Builder Team, de Mega Ribeira. A liga veu da man da Universidade da Coruña e contou coa participación dun total de 250 mozos e mozas de 34 equipos de toda Galicia que defenderon os seus correspondentes proxectos de robótica.

Foto conxunta dos equipos distinguidos

Foi unha convocatoria que se tivo que celebrar seguindo o formato telemático e que contou coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal para a retransmisión dos referidos equipos.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Educación, Genoveva Hermo (Nós Pobra); e o coordinador da FLL Galicia, o profesor da UDC, José Antonio Becerra Permuy, foron os encargados de efectuar a entrega das distincións, felicitando aos rapaces e destacando a calidade dos seus traballos.

O equipo Robot City Pobra

No acto tamén estiveron presentes a presidenta da ANPA Bandaseca, María José Rego, e o profesor que axudou a elaborar tódalas iniciativas, Alberto Cascallar, da academia MEGA Ribeira.

O Robot City Pobra Junior

O Robot City Pobra logrou o Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST, cun traballo sobre diabetes e actividade física. A elección desta temática motivouna o feito de que un dos integrantes ten diabetes tipo 1, e no confinamento, a falta de movemento afectou no control da enfermidade. De feito, para a parte técnica deste proxecto contaron co apoio da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).

O Mega Builder Team de Ribeira

Doutra banda, o Mega Builder Team de Ribeira fíxose co Premio Xunta de Galicia ao Emprendemento cunha proposta que anima a ser máis activos mediante incentivos en comercios e hostalaría. E o Robot City Pobra Junior levou un premio pola presentación dunha maqueta con elementos de robótica relativos ao deporte.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.