O DOG publica as taxas universitarias 2021/22 en Galicia

13 Xullo 2021
Reitorado da USC

O DOG publica as taxas universitarias 2021/22 en Galicia: unha media de 11,89 euros por crédito en graos e másteres
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes o decreto que fixa os prezos públicos do Sistema Universitario de Galicia ( SUG) para o curso 2021/22, cunha media de 11,89 euros por crédito para todas as primeiras matrículas de graos e de másteres, tanto os habilitantes –necesarios para exercer unha profesión– como non habilitantes.

Deste xeito, tal e como xa se ratificou no Consello Galego de Universidades, as taxas das matrículas manteranse conxeladas o próximo ano académico. “Un estudante vai seguir desembolsando a mesma contía que 11 anos atrás”, subliña a Xunta, que calcula que isto supón un aforro medio de case 19 millóns de euros anuais para as familias.
En concreto, para as matrículas de grao, a conxelación do prezo en 11,89 euros por crédito supoñerá un aforro de 4,44 euros con respecto aos 16,33 euros que custa o crédito media en España. Cada alumno afórrase, segundo a Xunta, 266,40 euros cada curso.

No que se refire aos másteres habilitantes, o prezo medio en Galicia supón un aforro de 10,31 euros con respecto á media estatal, situada en 22,20 euros por crédito. Isto fai que cada familia afórrese uns 618,60 euros cada curso en comparación co resto de España. E nos másteres non habilitantes, a taxa en Galicia é 18,24 euros inferior á media de 30,13 euros por crédito a nivel estatal, o que suma un aforro de 1.094,40 euros ao ano. (A)

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.